RGPD - Cookies
Galicia

Luis Villares, candidato á Presidencia da Xunta por @En_Marea co 86% dos votos

luis_villares

Primarias históricas en Galicia polo seu grao de participación: 10.143 persoas, o 75,6% do censo. Foron nestas primarias onde o único candidato de En Marea á presidencia da Xunta, Luis Villares, foi refrendado polo 86,8% dos participantes.

Por provincias, Antón Sánchez encabezará a lista da Coruña, María de los Ángeles Cuña a de Ourense, o propio Luis Villares por Lugo e Carmen Santos por Pontevedra.

As votacións tiveron lugar entre o 17 e 18 de agosto, combinando a posibilidade de votar a distancia desde a casa coa de acudir a unha das 33 mesas presenciais repartidas pola comunidade (13 na Coruña, 6 en Lugo, 6 en Ourense e 8 en Pontevedra).

En total foron 25 as candidaturas que se presentaron ás primarias de En Marea, que determinaron as listas provinciais para as vindeiras eleccións ao Parlamento galego o vindeiro 25 de setembro. Destas 25 candidaturas 6 listas presentáronse pola provincia da Coruña (con 77 persoas en total), 5 en Lugo (34 persoas) outras 5 en Ourense (40 persoas) e 9 en Pontevedra (88 persoas).

También te puede interesar