Galicia

5.000 quilos das mellores pezas para celebrar os 50 anos da Festa do Xamón da Cañiza

festa xamon01

Imágenes: Vigoalminuto/ O que non madrugou quedou sen probar o xamón curado cortado a man, en tortilla asado, cocido ao viño tinto, en empanada... que se podía degustar dende as 11.00 horas de hoxe na Cañiza. Máis de 25.000 persoas quixeron pasar este luns por este concello pontevedrés para celebrar os 50 anos da Festa do Xamón nunha carballeira do Cacharado ateigada de xente.

festaxamon03

Foron máis de 5.000 quilos de xamón soamente para servir ao corte, unhas 500 pezas, que souberon a pouco e dos que se puido disfrutar mentres soaba a música tradicional ou competían os mellores cortadores profesionais. Nas bodas de ouro, o cortador lucense Raúl Freire proclamouse como o mellor de entre uns 20 cortadores. 

festaxamon04

A festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, arrancou xa o venres cun festival dance, seguido dun obradoiro de bocadillo de xamón o pasado sábado ou dun curso de corte, cata de viños e verbena o pasado domingo.

También te puede interesar