Destacados

O Goberno de Galicia adxudica dúas vivendas en Vigo e A Guarda a familias en dificultades socioeconómicas

VivendaO Goberno de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, adxudica dúas vivendas nas cidades de Vigo e A Guarda a dúas familias que se atopan nunha complicada situación socioeconómica.

A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra estudou os casos e propuxo a adxudicación directa destas vivenda, en réxime de alugueiro. Os citados inmobles foron cedidos ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) por parte da SAREB e Abanca.

Estas solucións non só se dirixen a aquelas persoas que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca da súa vivenda, senón que tamén se ofrece colaboración a outros problemas de índole social. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que está a dar resposta a todas as familias que solicitan axuda.

También te puede interesar