Comarcas

O Concello de Nigrán inicia as obras para levar o saneamento a Berreiro, na parroquia de Camos

IMG_0850O Concello de Nigrán leva a cabo actualmente obras para instalar saneamento e canalización de pluviais no barrio de Barreiros, na parroquia de Camos. Os traballos, a cargo de operarios municipais, estarán finalizados ao longo da semana próxima. O obxectivo e prover deste servizo ás casas situadas no Camiño do Fondo, que carecían do mesmo, polo que as entidades sociais de Camos o solicitaran. “Un dos obxectivos deste goberno é levar o saneamento a tódalas parroquias e seguiremos dando pasos neste sentido porque sabemos que é un servizo básico”, indica o rexedor, Juan González.

Tamén na mesma parroquia, ao lado do Torreiro de festas e a escasos metros destas obras, operarios municipais levaron a cabo esta semana a canalización dun regato e o acondicionamento da superficie para habilitala como aparcamento de cara ás festas de Camos, que arrancan na semana do 22 de agosto.

También te puede interesar