Galicia

Seguen activos oito grandes incendios en toda Galicia, entre eles os de Arbo e Porto do Son

Incendio10Segundo informa a Consellería de Medio Rural, segue decretada a “Situación 2” no incendio iniciado o pasado mércores ás 16:45 h.no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, e que afecta ás de Xuño e Caamaño, pola proximidade do lume a núcleos habitados.

Segundo novas estimacións, a superficie alcanza entre as tres parroquias é dunhas 1.000 hectáreas. No lugar levan traballado 4 técnicos, 29 axentes, 61 brigadas, 32 motobombas, 3 pas, 11 helicópteros e 5 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Ademáis, sigue activo o lume de Cotobade, na parroquia de Carballedo que, segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie dunhas 20 hectáreas. No lugar están a traballar 5 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 3 pa, 4 helicópteros e 4 avións.

O mesmo paso co de Arbo, que está estabilizado dende onte á noite e desactivouse a “Situación 2”. O incendio comezaba o mércores ás 20:23 horas e segundo as últimas estimacións de Medio Rural, a superficie afectada é de 1.583 hectáreas-fontes dos equipos de extinción aumentan esta superficie ata as 1.800 hectáreas-. Alí traballan 2 técnicos, 11 axentes, 47 brigadas, 25 motobombas, 6 pas, 8 helicópteros e 6 avións.

Ás 13:45 horas de onte quedaba estabilizado o lume de Laza, parroquia de Toro, tras comezar ás 05:31 horas desta madrugada. Segundo as estimacións, a superficie afectada alcanza as 50 hectáreas rasas. Traballan no seu control 8 axentes, 19 brigadas, 8 motobombas, 2 pa, 3 helicópteros e 1 avión.

Estabilizado tamén desde as 18:40 horas do xoves o lume do concello de Avión, parroquia de Nieva. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada total é de 345 hectáreas. No lugar están a traballar 1 técnico, 25 axentes, 70 brigadas, 23 motobombas, 5 pas, 7 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Polo que se refire a Cerdedo, está controlado dende este venres ás  22:24 horas o lume rexistrado na parroquia de Quireza, tras comezar ás 21:40 horas do xoves. Segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas. Traballan na súa extinción 4 axentes, 18 brigadas, 12 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

Controlado dende as 3 da mañá de hoxe o incendio no concello de Catoira, parroquia de Dimo, que segundo as primeiras estimacións supera as 20 hectáreas. Iniciábase o venres ás 15:22 horas e no lugar levan traballado 2 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 4 avións.

Controlado dende as 02:15 horas desta madrugada un incendio que comezaba onte ás 17:30 no concello de Narón, parroquia do Val. Segundo as últimas estimacións a superficie afectada foi de 41,37 hectáreas, das cales 18,24 son de arborado e 23,13 son de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

También te puede interesar