Vigo al minuto

@depo_es achega 700.000 € a entidades da provincia para o mantemento de servizos sociais

Traballo SocialA Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de subvencións a entidades sen fin de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e de xuventude, por un importe total de 699.941 €. Apóianse proxectos realizados na provincia e destinados ao mantemento de servizos sociais, sociosanitarios e de xuventude, a través de intervencións que favorezan a inclusión social e laboral.

A presidenta do organismo provincial, subliñou que concédense axudas a 152 entidades de 28 concellos: Bueu, Cangas, Crecente, A Estrada, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Moraña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Carmela Silva sinalou que dende a Deputación aumentouse este ano o orzamento para esta iniciativa en 200.000 € con respecto a anos anteriores, buscando así ampliar a cobertura das axudas. Ademais, esta suba permitiu incrementar tamén a contía máxima subvencionable, que antes era de 6.000 € e agora pasou a 10.000 €.

También te puede interesar