Sucesos

As Neves pide que se restrinxa ao máximo o consumo de auga para poder facer frente ao lume

incendio as neves 02

Foto: Vigoalminuto/ A vaga de incendios está a asolar o concello de As Neves, onde se tivo que declarar o nivel 2 de alerta pola proximidade do lume a unha zona de vivendas na parroquia de Vide, onde varios veciños negábanse a abandonar as súas casas a pesares de ver como o incendio chamaba ás súas portas.

Ante o grave incendio forestal que se está a padecer, con varios focos activos, o concello de As Neves solicita á cidadanía que restrinxa ao máximo o consumo de auga especialmente nas parroquas de San Cibrán, Vide, Cerdeira, Santa Marta e Ribarteme, aínda que sen descoidar as demais.

Dende o concello tamén fan un chamamento para que todos aqueles veciños que teñan batelumes ou instrumental contra incendios se poña en contacto e coordinación co propio concello e as unidades de extinción de incendios.

 

También te puede interesar