Comarcas

O castelo de Sobroso renóvase con 385.000 euros da @depo_es

carmela sobroso

Xa están avanzadas as obras de adecuación e conservación no castelo de Sobroso. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, visitaron este luns unhas obras coas que se trata de poñer en valor o castelo e nas que a institución provincial investiu 315.000 euros.

Ademais, prevese asinarse un novo convenio de 70.000 euros entre Deputación e Concello para a realización de obras complementarias que recollan certas melloras que non estaban previstas no convenio inicial e que son necesarias para unha boa rehabilitación do castelo.

Trátase de convertir ao castelo nun espazo de referencia non só polo seu gran valor histórico e arquitectónico, senón tamén polo valor medioambiental, xa que a contorna do castelo alberga máis de 60 especies arbóreas autóctonas.

Ambas administracións colaborarán tamén para conmemorar os 900 anos do asedio do castelo de Sobroso por parte da irma e dos fillos de Urraca I, Raiña de Castela e León que se atopaba no seu interior.

También te puede interesar