RGPD - Cookies
Galicia

A fin de semana deixa 107 feridos nas estradas galegas

ambulancia-4

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 107 persoas debido a 69 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas, case a metade deles sucedidos o sábado (34).

Por provincias, Pontevedra foi a que máis incidentes rexistrou, con 29 sinistros, seguida de A Coruña (20), Lugo (13) e Ourense (7). Entre o perfil de atendidos, o 58% foron homes, mentres que o 36% dos feridos tiña entre 15 e 29 anos.

En 94 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios, mentres que outros 13 foron atendidos no propio lugar do accidente.

Nesta ocasión tivo que mobilizarse a ambulancia medicalizada para cinco sinistros, o helicóptero para dous, as ambulancias asistenciais para 77 accidentes e as ambulancias convencionais en dous sinistros.

También te puede interesar