'Qué te cuentas?'

19 divertidas embarcacións flotan como poden en Nigrán

nigran embarcaciones02

Un total de 19 divertidas embarcacións e 70 intrépidos navegantes protagonizaron este domingo a cuarta edición do ‘Flota como Poidas’, unha peculiar regata rganizada dende o Concello de Nigrán na desembocadura do río Miñor.

nigran embarcaciones03

Un ano máis, centos de espectadores déronse cita arredor da ponte de A Ramallosa para presenciar a regata, que partiu dunha das ramplas de aceso ás 19.00 horas e que tivo unha duración de preto de hora e media.

Nesta edición, o premio para o artefacto máis elaborado foi para ‘Agua Fiestas’; á tripulación máis simpática foi a de ‘Villa Chochete’, cunha embarcación cunha vela feita a base de tangas; o premio á familia máis intrépida e participativa foi para ‘Viveiro’; ‘Flotaolímpicos’ foi o artefacto máis sinxelo, feito a base de flotadores, e ‘Piratas del Casino’ levouse o premio Titanic tras afundir en plena competición.

nigran embarcaciones04

O participante de máis idade foi Bonifasto, nado en 1956, do ‘Vivero’, e o de menos idade Leo, un dos integrantes de ‘Os Granxeiros’ nado en 2012. ‘Casamos‘, dun matrimonio composto por unha noiva e un paiaso, foi o primeiro en completar o percorrido circular pola marisma.

Un ano máis, un público familiar de tódalas idades participou neste evento no que reina a imaxinación. Entre as embarcacións e tripulantes houbo de todo: gondoleiros, naufragos nunha illa, astronautas a bordo dun foguete, familia nun chiringo de praia…

nigran embarcaciones05

También te puede interesar