Comarcas

@depo_es achega 130.000 euros para melloras na piscina Óscar Pereiro

piscina oscar pereiro mos

A Deputación de Pontevedra dará máis de 130.000 euros ao concello de Mos para actuacións de mantemento e reparacións das instalacións deportivas na piscina municipal Óscar Pereiro.

Esta partida vén sumarse a outras xa aprobadas para Mos dentro da liña 1 do Plan Concellos por un importe de máis de 318.000 euros para a construción dun novo muro de pedra para a contención dun talude e para a humanización do Camiño das Pozas. Así mesmo, dentro da liña 2 tamén se aprobaron 121.000 euros para a limpeza de cunetas, marxes e mantemento de estradas e camiños.

No que levamos de 2016, o Goberno provincial leva concedido o 89,7% do total destinado para Mos no Plan Concellos 2016, cuns investimentos totais ata agora de 797.000 euros.

Case 100.000 euros para saneamento en Meis

Por outro lado, a Deputación de Pontevedra tamén achegará case 100.000 euros para o concello de Meis, que se destinará á rede de saneamento e reposición de firmes nos lugares de Outeiro e Caticovas. Trátase dunha contía incluída na liña 1, de investimentos, do Plan Concellos 2016.

 

También te puede interesar