Vigo al minuto

@depo_es asina un convenio de 900.000€ co Concello para o asfaltado de máis dunha ducia de rúas de Vigo

AsfaltadoA Xunta de Goberno Local aprobou este venres o convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para o asfaltado de varias vías municipais en diferentes zonas da cidade por un importe de 902.000 euros. En virtude deste acordo, vaise substituír o firme en Sárdoma, Castrelos, Candeán, Teis, Alcabre, Coruxo, Matamá, Zamáns, Bembrive, Bouzas, O Castro, Marqués de Alcedo e Praza América.

O alcalde destacou as actuacións da Deputación na cidade como un “resultado das eleccións municipais que supón un cambio histórico da máxima importancia” e recoñeceu o labor da presidenta, Carmela Silva, engadindo que o ente provincial tamén dedicará 3 millóns de euros ás obras da grada de Tribuna de Balaídos e outros 3 para a grada de Río e investirá na iluminación do estadio.

Ademais, o goberno local aprobou os expedientes de contratación das obras de humanización das rúas Estorniño, cun importe de 1.150.000 €; Vía Norte, cun presuposto de 1.349.681 € e Álvaro Cunqueiro, que ten un orzamento de 1.250.000 €, polo que o programa de humanizacións da cidade suma un investimento total de 3.749.000 €.

También te puede interesar