Galicia

Axentes forestais e medioambientais de toda Galicia gardan un minuto de silencio en lembranza de Francisco Santana

20160805_minutosilenciocampinhoAxentes forestais e medioambientais de toda Galicia, xunto con integrantes do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF), gardaron este venres ao mediodía un minuto de silencio en memoria de Francisco Santana, compañeiro falecido en acto de servizo no incendio que afecta á montaña de Jedey, na illa canaria da Palma.

A convocatoria foi efectuada pola Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA). Fíxose extensiva ao resto do persoal da Xunta de Galicia, ás empresas operadoras e a toda a sociedade. Foi secundada en distintos centros de traballo de toda Galicia, como a base de helicópteros de extinción de incendios do Campiño (Pontevedra), a cargo de axentes forestais con máis de 25 anos de experiencia en extinción de incendios, e as sedes dos diversos distritos forestais nos que se organiza o territorio galego.

20160805_minutosilencioourenseAPRAFOGA expresa as súas condolencias por este falecemento e empraza ao conxunto da sociedade a recoñecer o labor dos profesionais facultativos nas tarefas de prevención, extinción e investigación dos incendios forestais.

También te puede interesar