RGPD - Cookies
Galicia

Concello e Goberno de Galicia, de acordo na proposta de mellora do bus a Peinador

VitrasaO alcalde ve con satisfacción a proposta do Goberno de Galicia que oferta facerse cargo do orzamento, con 260.000€ anuais a mellora do servizo de Vitrasa ao aeroporto. “É unha proposta que nos esiximos e, nunha primeira lectura, teño que dicir que nos parece ben”, sinalou Abel Caballero este xoves.

O alcalde agarda agora ter unha xuntanza coa conselleira de Territorio, Ethel Vázquez, “se pode ser mañá mesmo”, para tratar algún “temas técnicos” que habería que concretar máis, aínda que, en conxunto, a oferta do Goberno de Galicia “é satisfactoria”. Tanto e así que Caballero non ve impedimento algún para que o convenio poda asinarse a semana que ven.

También te puede interesar