Destacados

Aute en Vigo o vindeiro 29 de setembro

AuteO cantautor Luis Eduardo Aute ofrecerá o 29 de setembro un concerto no Teatro Afundación, en Vigo no que fará un percorrido por unha ampla selección de cancións emblemáticas e coñecidas que compuxo ao longo de cinco décadas.

Aute ofrecerá un espectáculo -titulado “La Gira Luna”– que pasa de tres horas, con 28 minutos de proxección dunha curta de animación realizada (debuxada, musicada e dirixida) por el mesmo que se chama ‘Vincent y el giraluna’. Logo dará paso á música cun concerto antolóxico co máis significativo da súa obra: “Al alba”, “Slowly”, “Pasaba por aquí”, “Rosas en el mar”, “La belleza”, “Sin tu latido”, “Una de dos”, “Las cuatro y diez”, “De alguna manera”, “Alevosía”…

Luis Eduardo Aute estará acompañado por Toni Carmona (guitarras e dirección musical), Cristina Narea (guitarra, coro e percusión menor), Cope Gutiérrez (teclados e programacións) e Mario Carrión (batería e percusión).

También te puede interesar