Cultura

A protectora Biosbardos organiza o seu paseo cos cans polo monte da Picaraña, este domingo día 7

IMG-20160804-WA0000@s Pelud@s Biosbardos do refuxio de Ponteareas estan desexosos de saír de paseo polo monte da Picaraña e pasar unha mañá especial, e iso é o que farán este domingo, día 7 de agosto.

O plan é o seguinte:  ás 10:15 estará unha voluntaria enfronte da farmacia que está ao lado do parking do Froiz de Ponteareas para guiar á xente que non saiba chegar ó refuxio. Ás 10:30 estarán no refuxio e irán repartindo os cans e cadelas que sairán de paseo.

Ás 11:30 comeza a ruta dende o merendeiro que hai na Picaraña un pouco mais arriba do refuxio.

A dificultade da ruta é baixa, apta para grandes e pequenos. Aquelas persoas que estén interesadas en acudir, poden informarse no enderezo  [email protected] ou no teléfono 600 356 891, de luns a venres, de 10:00 a 13:30 h. e de 16:30 a 20:00.

También te puede interesar