Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@SOSMeixoeiro organiza unha andaina para esixir unha Sanidade Pública para todos e de calidade

IMG-20160730-WA0000 (1)A Plataforma Sos Meixoeiro organiza, este venres, día 5 de agosto, ás 7 da tarde, unha ‘Romería pola Sanidade Pública’, que sairá dende o Hospital do Meixoeiro para chegar ao Cunquiero ás 8 e media.

Trátase dunha nova iniciativa que se suma ás impulsadas por esta plataforma, como o peche no propio hospital, concentracións, sentadas, manifestacións ou paros, que ten como obxectivo a defensa da sanidade pública e, específicamente, a defensa do Hospital do Meixoeiro no que, como veñen de denunciar durante meses,  non se  aproveitan os quirófanos e camas cirúrxicas, non se consolida a Unidade de Coidados Paliativos e non está garantida  a continuidade das unidades de diagnose por imaxe e do laboratorio.

Cando a andaina chegu ao  Hospital Álvaro Cunqueiro, os participantes farán un percorrido pola súa contorna e realizarán unha concentración diante da porta de Urxencias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.