Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

A Área Sanitaria de Vigo abre a contratación de 45 médicos especialistas

O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Félix Rubial/Foto:vigoalminuto.com
O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Félix Rubial/Foto:vigoalminuto.com

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte, luns  de agosto, a resolución da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo pola que se pon en marcha un concurso de méritos para a contratación de 45 facultativos especialistas. A publicación no DOG abre o prazo de 30 días hábiles para a presentación de solicitudes dos interesados.

Segundo subliña o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), “trátase da maior provisión de prazas de persoal médico que se leva a cabo nos últimos anos na área sanitaria de Vigo e afecta a un total de 24 servizos hospitalarios, tanto do Álvaro Cunqueiro como do Meixoeiro e do Nicolás Peña”.

Os facultativos especialistas ocuparán prazas de interino en praza vacante na maioría dos casos. Só en dous trátase de substitución en reserva de praza. A Xerencia da Área Sanitaria  subliña que “deste xeito se culminara o proceso iniciado a principios de 2016, polo cal se ten procedido a dotar de vínculos indefinidos a máis de 300 profesionais da nosa área, correspondentes a diferentes categorías, reducindo deste xeito a taxa de eventualidade”.

Os servizos que se beneficiarán destas prazas son: Análises Clínicas, 2; Anatomía Patolóxica, 2; Anestesioloxía e Reanimación, 4; Anxioloxía e Cirurxía Vascular, 1; Cardioloxía, 2; Cirurxía Cardiovascular, 1; Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, 4; Cirurxía Pediátrica, 1; Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, 4; Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía, 2; Endocrinoloxía e Nutrición, 2; Hematoloxía e Hemoterapia, 1; Inmunoloxía, 1; Medicina Física e Rehabilitación, 2; Medicina Intensiva, 1; Microbioloxía e Parasitoloxía, 1; Neuroloxía, 1; Obstetricia e Xinecoloxía, 2; Oftalmoloxía, 2; Pediatría, 4; Pneumoloxía, 1; Psiquiatría, 1; Radiodiagnóstico, 1; e Xeriatría,2.

Os aspirantes han de dispoñer dos títulos correspondentes para cada unha das especialidades ás que opten. A convocatoria resolverase, trala proposta realizada pola Comisión de avaliación á Xerencia, e se procederá á cobertura das prazas de acordo coa puntuación obtida pola valoración dos méritos aportados, segundo o baremo establecido na propia convocatoria.

De ser o caso, a Comisión de avaliación poderá acordar a realización dunha entrevista persoal con cada un dos aspirantes na que se valorará a adaptación das características e competencias dos aspirantes ás especificidades concretas das prazas ofertadas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.