Vigo al día

Empeza a recuperación dun novo edificio na rúa Subida a Costa, no Casco Vello de Vigo

CVO Consorcio do Casco Vello vén de aprobar o prego de condicións técnicas para a posta en marcha da rehabilitación do edificio situado na rúa Subida a Costa 5, na zona alta do Casco Vello da cidade.

Con este trámite o Consorcio  inicia o proceso administrativo para a adxudicación dunha obra que permitirá a rexeneración dun edificio dividido en semisoto, planta baixa  e planta alta,  do que na actualidade só se conservan as fachadas,  para dar lugar a unha  vivenda e un baixo comercial  co unha superficie total útil de 180 m2. A vivenda, que contará con dous dormitorios, baño, cociña e sala de estar, ocupará a planta alta e terá acceso a través da planta baixa, en tanto que o local comercial ocupará o resto da planta baixa e o semisoto.

A actuación realízase nunha parcela cualificada como chan urbano consolidado dentro do  PEPRI Casco Vello de Vigo. De acordo con esta cualificación considéranse como elementos a protexer na execución do proxecto as fachadas de pedra do  edificio,  prohibíndose a alteración dos seus materiais e carpinterías exteriores. A licenza outorgada para a construción establece así mesmo a obrigación de demoler un anexo realizado no patio exterior do edificio.

A obra a realizar, a partir do proxecto básico e de execución redactado polo arquitecto José Luis Díaz Mateo, ten un orzamento de 201.276,08 €, e súmase a varias actuacións que o Consorcio realiza na actualidade nas próximas rúas de Ferrería ou Subida ao Castelo, e á recente adquisición doutro inmoble na tamén próxima rúa Cruz Verde. En total, este organismo investirá ao longo de 2016 2 millóns de euros para continuar co labor de rexeneración urbanística que desde fai dez anos realiza na zona histórica de Vigo, o que supuxo actuacións en máis dun centenar de edificios e locais.

También te puede interesar