Cultura Vigo al minuto

Lanzan unha campaña en Internet para rescatar o Hospital Álvaro Cunqueiro

HAC6A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP ) ven de abrir unha campaña na plataforma goteo.org para conquerir 4.100 € necesarios para tramitar a denuncia contra a privatización Hospital Álvaro Cunqueiro. A Asociación entende que esta privatización está no   contrato de concesión de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) levada a cabo polo Goberno de Galicia.

A AGDSP denunciou á Xunta por imcumprir a lexislación estatal e comunitaria no caso da “privatización” do Cunqueiro e a denuncia foi admitida a trámite pola Comisión Europea. Por iso, a Asociación ten que facerlle fronte aos gastos os gastos de representación xurídica por un importe de 6.300 €, dos que faltan por abonar 4.100 €.

Esta petición ten como finalidade “aplacar e paliar os dereitos secuestrados e usurpados pola administración pública da Xunta de Galicia”. Por iso, diríxense á cidadanía, movementos sociais ou grupos políticos co obxectivo de “recuperar o pilar básico de calquer estado democrático e de dereito” e “rescatar e democratizar a sanidade, a través da complicidade e a concienciación de toda a cidadanía e as diferentes capas sociais, contribuindo cun aporte económico na medida das súas posibilidades”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.