Galicia

Alertan do peche por parte do Goberno de Galicia das Escolas Unitarias de Moreira, en Gondomar, e Pontellas, en O Porriño

Escola PontellasOs responsables de Esquerda Unida da Comarca de Vigo veñen de esixir ao Goberno de Galicia a inmediata revocación da medida, que cualifica de «drástica, lesiva e un desastre total para o alumnado, as familias, os traballadores e as zonas afectadas». O peche, anunciado no DOG, de dúas Escolas de Educación Infantil na nosa comarca, a EEI de Moreira, en Gondomar, e a de Pontellas , en O Porriño, que xunto con outros 11 centros públicos cesarán na súa actividade no vindeiro curso.

«O ensino non pode ser medido e xestionado en termos económicos. Non é unha empresa senón un servizo público, e como tal debe dar resposta ás necesidades da cidadanía. Pechar estas escolas e facer desprazarse ao alumnado é unha medida negativa que atenta contra os intereses dos rapaces, das familias, dos mestres, dos traballadores do centro e da propia zona e que contribúe ademais a baleirar e desprezar o medio rural», explicaba Daniel García, Coordinador da Área de Educación.

Esquerda Unida engade que o anuncio do peche foi publicado no DOG aproveitando a pausa estival, como vén facendo a Consellaría cada verán dende hai anos. «Anuncialo en verán é unha estratexia para tentar evitar as protestas das familias, ás que alentamos e que apoiaremos activamente para esixir que a administración cumpra coas súas obrigas para con eles. Ter unha escola na zona onde viven non é un luxo senón unha necesidade de sentido común».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.