Comarcas

O @ConcelloNigran abre o prazo, ata o 2 de agosto, para optar a becas para titulados en paro

XovesO Concello de Nigrán, mediante a publicación este martes do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, abre dende este mércores, o prazo de inscrición para optar ao segundo plan de becas municipal destinado a seis titulados do municipio que se atopen en situación de desemprego dende a lo menos seis meses e non exerceran nunca no seu ámbito de estudos. Tal e como recolle o BOP, o prazo de presentación de instancias remata en dez días hábiles, correspondéndose ao 2 de agosto.

O novo plan de becas mantén o número de bolseiros en seis e a duración de 6 meses prorrogables a outros 6. Delas, catro requiren ciclo medio de xestión administrativa para traballar nas áreas de Rexistro/Arquivo, Persoal/Desenvolvemento Local, Urbanismo/Servizos Urbanos  e Centro Antena e outras dúas becas requiren de ciclo superior de administración e finanzas para as áreas de Intervención e Recadación. Os titores serán os funcionarios responsables de cada ámbito. Todas son xornada completa, establecéndose segundo o nivel de titulación unha asignación de 800 € brutos mensuais.

O acceso a mesma estará composto por tres partes: proba escrita eliminatoria, entrevista persoal e valoración do currículo. Toda a información sobre este programa e as súas bases de convocatoria están xa a disposición das persoas interesadas no Departamento de Desenvolvemento Local (986-365000/Extensión 7; [email protected]), no Centro Antena Municipal e no Servizo de Orientación Laboral (986-366572; [email protected] e [email protected]), no Rexistro Municipal e na páxina web do Concello (www.nigran.org).

“Tendo en conta a dificultade para acadar un emprego hoxe en día, dende o Concello temos o deber de facilitar a adaptación dos desempregados de Nigrán ao mercado laboral ampliando a súa experiencia e formación”, resume o alcalde, Juan González. Así, o obxectivo final é que os beneficiarios acaden unha importante vantaxe competitiva á hora de optar ás distintas ofertas laborais existentes tanto na administración pública como na empresa privada.

 

También te puede interesar