Comarcas

O @ConcelloNigran abre o prazo, ata o 2 de agosto, para optar a becas para titulados en paro

XovesO Concello de Nigrán, mediante a publicación este martes do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, abre dende este mércores, o prazo de inscrición para optar ao segundo plan de becas municipal destinado a seis titulados do municipio que se atopen en situación de desemprego dende a lo menos seis meses e non exerceran nunca no seu ámbito de estudos. Tal e como recolle o BOP, o prazo de presentación de instancias remata en dez días hábiles, correspondéndose ao 2 de agosto.

O novo plan de becas mantén o número de bolseiros en seis e a duración de 6 meses prorrogables a outros 6. Delas, catro requiren ciclo medio de xestión administrativa para traballar nas áreas de Rexistro/Arquivo, Persoal/Desenvolvemento Local, Urbanismo/Servizos Urbanos  e Centro Antena e outras dúas becas requiren de ciclo superior de administración e finanzas para as áreas de Intervención e Recadación. Os titores serán os funcionarios responsables de cada ámbito. Todas son xornada completa, establecéndose segundo o nivel de titulación unha asignación de 800 € brutos mensuais.

O acceso a mesma estará composto por tres partes: proba escrita eliminatoria, entrevista persoal e valoración do currículo. Toda a información sobre este programa e as súas bases de convocatoria están xa a disposición das persoas interesadas no Departamento de Desenvolvemento Local (986-365000/Extensión 7; [email protected]), no Centro Antena Municipal e no Servizo de Orientación Laboral (986-366572; [email protected] e [email protected]), no Rexistro Municipal e na páxina web do Concello (www.nigran.org).

«Tendo en conta a dificultade para acadar un emprego hoxe en día, dende o Concello temos o deber de facilitar a adaptación dos desempregados de Nigrán ao mercado laboral ampliando a súa experiencia e formación», resume o alcalde, Juan González. Así, o obxectivo final é que os beneficiarios acaden unha importante vantaxe competitiva á hora de optar ás distintas ofertas laborais existentes tanto na administración pública como na empresa privada.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.