Vigo al día

Este martes arranca o Festival Folclórico Internacional de Vigo e mañá @antoniorozco estará en Castrelos

1468924099antonioorozcoAntonio Orozco subirase ao escenario do auditorio de Castrelos o mércores día 20 ás 11 da noite para presentar o seu traballo ‘Da Orixe ao Destino’.

Así é como Antonio Orozco entende a viaxe sen retorno que iniciou o día que viu a luz o seu primeiro traballo “Un reloj y una vela”. Quince anos e oitos discos despois o final do traxecto non é senón unha metáfora do devir, dese futuro que, como se de un xigantesco imán se tratase, nos arrastra e nos moldea. O prezo para a actuación é de 8 €, en venda anticipada, e 10 € o día do concerto.

Ademáis, este martes, 19 de xullo, arranca do XXII Festival Folclórico Internacional de Vigo, como parte do programa “Vigo en Festas 2016″. Desde hoxe e ata o domingo, 24 de xullo, sete formacións actuarán en distintas parroquias e barrios da cidade, incluindo grupos procedentes de Serbia, Colombia e Arxentina.

O obxectivo do Festival é achegar á cidadanía viguesa a cultura, o folclore e as tradicións doutros países. Deste xeito, chegan a Vigo o grupo serbio Prnjavor, o colombiano Fama e o Sol Arxentino, formacións que se complementan coa zaragozana La Fiera e as locais Corisco, Lembranzas Galegas e a banda de gaitas Xarabal.

O programa contempla tres partes diferenciadas. O Festival, en primeiro lugar, promove actuacións en auditorios de parroquias como San Miguel de Oia, Cabral, San Andrés de Comesaña, Beade e Valladares, do 19 ao 23 de xullo, ás 21:30h. Por outra banda, os grupos actuarán nas rúas da cidade, en Travesas, no Calvario, en Teis e na Porta do Sol, do 20 ao 23 de xullo ás 12 horas.

Por último, o Concello e a Asociación Cultural Interfolc, organizadora do evento, pechan o Festival o domingo, 24 de xullo, cun desfile que parte ás 20 horas da igrexa de Santiago de Vigo, en García Barbón, ata o teatro Afundación, en Policarpo Sanz. Alí, ás 21:30h, pecharase a cita coa actuación no nomeado Auditorio de todos os grupos.

PROGRAMA

ACTUACIÓNS EN BARRIOS – do 19 ao 23 de xullo – 21:30 horas

19 de xullo: FAMA e PRNJAVOR – Auditorio AVV San Miguel de Oia

20 de xullo: FAMA e SOL ARGENTINO – Auditorio CC Cabral

21 de xullo: SOL ARGENTINO e PRNJAVOR – Alameda San Andrés de Comesaña

22 de xullo: FAMA e PRNJAVOR – Auditorio CSCR de Beade

23 de xullo: SOL ARGENTINO e LA FIERA – Auditorio CVC de Valladares

ANIMACIÓNS EN RÚAS – do 20 ao 23 de xullo – 12:00 horas

20 de xullo: PRNJAVOR – Praza do Emigrante

21 de xullo: FAMA – Rúa peonil do Calvario

22 de xullo: SOL ARGENTINO – Praza confluencia Sanjurjo Badía e Santander (Teis)

23 de xullo: LA FIERA – Porta do Sol

ACTO DE CLAUSURA con DESFILE – 24 de xullo

20:00 horas: Desfile de grupos polas rúas García Barbón (desde Santiago de Vigo) e Policarpo Sanz

21:30 horas:: ACTO DE CLAUSURA – Auditorio Afundación – todos os grupos

También te puede interesar