Vigo al minuto

Presentan en Vigo #Smartaqua, unha aplicación que permite xestionar dende o móbil todos os servizos de Aqualia

AguaO Concello de Vigo e a Empresa Concesionaria do Servizo Muncipal de Augas, Aqualia, presentaron este luns SMART Aqua, a aplicación para dispositivos móbiles, Android´e IOS, desenvolvida por Aqualia, que permite realizar todas as xestións relacionadas co contrato da auga.

Segundo subliñou o concelleiro de Fomento, David Regades, e os responsabeis da concesionaria, Smart Aqua permite realizar todas as xestións relacionadas co Servizo de Augas, no momento que o cidadán desexe, «da forma máis sinxela e cómoda, ao alcance da súa man».
A nova aplicación «é un servizo máis aos cidadáns que ven complementar aos demais. As canles presenciais, telefónico e internet permiten aos cidadáns elixir o método que prefiren para comunicarse e dar solución ás súas necesidades». 

Os veciños poderán acceder a toda a información e servizos da aplicación, través da web http://www.smart-aqua.com/index2.php ou da etiqueta en twitter #Smartaqua.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.