Vigo al minuto

As bases de Podemos discuten en Vigo cales serán as bases para seguir dentro de En Marea

4_29821332325663412As bases de Podemos Galicia reuníronse hoxe domingo pola mañá en Vigo, nunha xuntanza que contou coa asistencia de máis de 150 persoas. O encontro enmárcase na rolda de encontros que a executiva autonómica ven desenvolvendo durante toda a fin de semana coa súa militancia, coa finalidade de recoller as propostas e continuar co proceso de debate colectivo.

A secretaria xeral de Galicia, Carmen Santos, indicou en declaracións aos medios antes do comezo do encontro que “todo o que sexa para mellorar o proxecto e fortalecer Podemos dentro do espacio político galego, eso é o que é importante para nós”. Santos tamén sinalou que “nós queremos escoitar as bases e que fagamos de forma conxunta, de forma participada, cales son para nós as líneas vermellas para poder seguir traballando nese proxecto de En Marea, que sobre todo se van basar en cuestión de programa e de posicionamentos políticos para Galicia”, insistindo en que a decisión final sobre a forma de concorrer ás eleccións “será a que determinen as bases”.

As máis de cento cincuenta persoas que asistiron ao encontro provincial, celebrado no Hotel Coia, traballaron na elaboración colectiva de propostas, que xurdiron dos nove grupos de traballo constituídos seguindo a metodoloxía plantexada para estas xornadas. Nun ambiente distendido, que favoreceu un nutrido debate, as inscritas da organización na provincia achegaron máis de cento vinte propostas sobre os catro puntos de debate nos que se estructurou a sesión: como democratizar En Marea, como integrar no proxecto ás mareas municipais e as plataformas cidadás, as preferencias á hora de configurar as primarias e a elaboración do programa colaborativo.

A rolda de encontros continuará hoxe pola tarde, coa celebración da sesión correspondente á provincia de Ourense, no Ateneo – Avda. Habana 25–, que porá o punto final a esta primeira fase de debate e participación da militancia.

As propostas recollidas nas catro xuntanzas serán agora recopiladas pola secretaría de participación, que as remitirá á secretaría política para seren sistematizadas. Rematado o proceso de análise das propostas, estas serán presentadas nun gran encontro autonómico, coa data todavía por determinar.

 Tras este encontro, será convocada a Asemblea Cidadá –máximo órgano de decisión do partido, conformado por tódalas persoas inscritas na comunidade autónoma– que, de xeito telemático, tomará a decisión final sobre a forma en que Podemos Galicia concorrerá ás eleccións autonómicas.

También te puede interesar