Comarcas

O goberno de Nigrán dará conta en Pleno de investimentos por 2 millóns do saldo positivo das contas do Concello

nigran02O goberno de Nigrán levará ao Pleno ordinario do 28 de xullo o estado das arcas municipáis, que presentan un remanente de tesourería en 2015 de 4.478.198,82 euros, e explicará á corporación os investimentos que se pretenden realizar con dous millóns de euros procedentes deste saldo positivo (o goberno de España permite aos concellos que teñan superávit ou remanente positivo destinar o seu excedente orzamentario non só a amortizar a débeda, senon  a actuacións sostibles).

Estas cifras actuáis que serán expostas no Pleno fan posible que o Concello manteña un periodo medio de pago a proveedores de 6,4 días. “Foi o goberno socialista quen iniciou en 2008 un durísimo plan de axuste que agora ve os seus mellores froitos permitindo levar adiante moitos dos proxectos pendentes cos veciños que mellorarán a súa calidade de vida”, indica Juan González, alcalde de Nigrán, quen suliña “o novo xeito de gobernar introducido polos socialistas no Concello en 2007 e que dende entón se mantivo así deixando atrás o malgaste de épocas pasadas”. Estas cifras positivas, engade, “permiten que o Concello teña total credibilidade e fiabilidade entre os veciños e proveedores”.

Nesta liña, González considera que se debe repercutir o beneficio na cidadanía con actuacións básicas que veñen sendo reclamadas dende hai anos. Así, entre os principáis investimentos que proporá o goberno se atopan 553.216,85 euros para o abastecemento de auga a Parada que a Xunta unilateralmente paralizou cando os socialista gañaron as eleccións municipáis. “Ímos a facer o que a Xunta nos negou de sópeto cando chegamos ao Concello. Os veciños non poden ser os prexudicados das decisión políticas que se tomen dende o goberno autonómico”, considera González. Nesta mesma liña de levar o abastecemento ás parroquias se propoñen 38.478,45 € para dotar do mesmo dende a rúa dos Pazos ata a rúa San Roque de Camos, obra que unida aos 375.000 euros que investirá Aqualia en outubro significará un paso moi grande para levar o auga á boa parte da parroquia.

O capítulo de humanizacións e urbanizacións ten o eixo central na rúa Mariñeiro de Panxón, con 282.351,14 € destinados á humanización e cambio de servizos de abastecemento e saneamento. A Praza da Feira, na confluencia entre Damas Apostólicas e Camiño da Cabreira (A Ramallosa) recibirá 74.427,37 euros para mellorala e facer dela un verdadeiro punto de encontro entre os veciños que fomente tamén o comercio e restauración. Finalmente, a rúa do Caranquexo recibiría un remanente de 38.379,95 € para reordenar este espazo especialmente degradado ao seu remate na Praia de Prado.

A remodelación integral do pavillón de deportes de Panxón unirase ás novas instalacións deportivas que o goberno local construirá e Porto do Molle. O proxecto do pavillón, de 510.947 €,  permitirá que se convirta nun espazo moderno para practicar o deporte, totalmente accesible, con eficiencia enerxética e con todas as medidas de seguridade e modernidade.

Outro dos investimentos do remanente será no eido do Medio Ambiente, cunnha partida de 54.450 € para a retirada, transporte, xestión e selado integral do vertedoiro de lixo ilegal no entorno do río Muíños, a carón da depuradora de augas residuais, pechando así una parte da historia máis desafortunada na xestión de residuos deste Concello ou a actuación de mellora nos colectores de A Ramallosa.

“Trátanse polo tanto de proxectos e investimentos en abastecemento de auga, humanizacións e urbanizacións, instalacións deportivas, xestión de residuos e coidado do medio ambiente que, sen lugar a dúbidas, mellorarán a calidade de vida dos nosos veciños, único e primordial obxectivo deste goberno de Nigrán”, conclúe o alcalde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.