Comarcas

Nigrán sustitúe a cuberta do Centro Antena para acabar coa caída de tellas

nigran centro antena

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras de sustitución integral da cuberta do Centro Antena para por fin ao crecente problema de humidades no interior e mesmo á caída de tellas, o que supoñía un perigo para os viandantes.

O Centro Antena da cabida a tódalas accións municipáis relacionadas coas novas tecnoloxías, a formación, o emprego, a dinamización empresarial e comercial, promoción de actividades socio-laborais-culturais… por iso esta era una obra prioritaria, xa que a infiltración de auga chegaba ás aulas perxudicando o óptimo desenvolvemento da súa actividade.

O estado da cuberta era moi deficiente ao desprazarse moitas das tellas debido ao deterioro do sistema de anclaxe, fundamentalmente na parte oeste do edificio.

Adxudicada a Construcciones Castro por 14.200 euros, a obra consiste en desmontar manualmente as tellas e colocar outras novas de similares características sobre as placas de fibrocemento xa existentes, agás no soportal da entrada, onde só é preciso limpar e rexuntar con morteiro.

Paralelamente, ao longo destes días se procederá á renovación integral de todo o equipamento informático, arredor de 20 equipos que xa moi obsoletos, no que se investirán 5.000 euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.