A eurodeputada Ana Miranda denunciará na UE ao Estado español por vulnerar a lei na investigación do accidente de Angrois

RajoySegundo avanzan os nosos compañerios de Sermos Galiza, a eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego, Ana Miranda, rexistrará a vindeira semana perante a Secretaría Xeral da UE unha denuncia contra o Estado español polo incumprimento da Directiva Europea de seguridade ferroviaria.

Ao seu enterder, o informe difundido a semana pasada polas autoridades comunitarias sobre o accidente de Angrois-no que morreron 81 persoas e máis de 150 resultaron feridas de distinta gravidade- amosa que o Estado español non incumpriu os artigos 21 e 22 da devandita directiva referidos ao carácter independente das comisións de investigación arredor dos accidentes ferroviarios.

También te puede interesar