Comarcas

O Corredor do Morrazo pecha este xoves 15 minutos para a retirada dun cable

corredor-de-morrazo

A Xunta de Galicia pechará totalmente ao tráfico o Corredor do Morrazo este xoves 14 de xullo para levar a cabo a retirada dun cable que sostén a condución de abastecemento no punto kilométrico 2.400 desta vía.

O corte será entre as 10.00 e as 10.15 horas, xa que se considera que esta franxa horaria é a menos perxudicial para o tráfico nesta infraestrutura viaria.

A Consellería de Infraestruturas xa comunicou a realización desta restricción puntual na circulación á Garda Civil e á Dirección Xeral de Tráfico.

También te puede interesar