Destacados Vigo al minuto

Antón Pulido, pregoeiro do Día de Galicia en Vigo

anton pulidoO pintor, gravador e xestor cultural Antón Pulido exercerá de pregoeiro durante o Día de Galicia en Vigo, que se celebrará o vindeiro 21 de xullo nos xardíns ingleses do Pazo de Castrelos.

Pulido, nacido na localidade ourensana de Amoeiro en 1944, estudou Belas Artes en Barcelona, especializándose en pintura e gravado. A súa primeira exposición foi no Ateneo de Ourense en 1971 e dende entonces non parou de amosar as súas obras en mostras individuais e colectivas.

Profesor de debuxo nun instituto de Vigo, seguiu cos seus traballos como gravador e ilustrador de libros, especialmente deseñando as portadas das obras editadas pola editorial Ir Indo. Foi director xeral de Cultura da Xunta de Galicia e o primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporáneo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.