Destacados Vigo al minuto

46.000 euros en axudas sociais para tres entidades viguesas

lengua signos

A Xunta de Goberno local aprobou este mércores os proxectos de convenio de colaboración con tres entidades sociais viguesas por un valor total de 46.000 euros.

Así, o Concello respaldará con 18.000 euros a execución dun programa de respiro familiar a través de obradoiros de estimulación cognitiva e funcional da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, Afaga.

Por outro lado, achegará 8.000 euros á Fundación Menela para outro programa de respiro familiar para familiares e coidadores habituais de persoas afectadas por algunha discapacidade e outros 20.000 euros á Asociación de Persoas Xordas de Vigo para a prestación do servizo de intérprete de lingua de signos.

También te puede interesar