Vigo al minuto

Veciños de Teis piden que as liñas H1 e H2 de Vitrasa cheguen ata a parroquia para mellorar a conexión co Cunqueiro

Vitrasa1A Asociación Veciñal de Teis demanda a mellora das conexóns de Vitrasa co Hospital Álvaro Cunqueiro e denuncia que “a veciñanza de Teis, ten que desprazarse ate García Barbón (Casa de Artes e Oficios), H1, ou até os Choróns, H2, para coller un enlace para ir ao novo hospital dado que  non hai ningunha liña que pase ou saia da parroquia de Teis, ademáis, a liña H1, non funciona nin sábados, domingos e festivos”.

Os veciños sinalean que unha parte importante dos usuarios son persoas maiores e supón un problema ter que coller varios autobuses, “os domingos e festivos chegar ao Álvaro Cunqueiro supón un esforzo enorme para visitar aos familiares”.

Desde a Asociación entenden que “debe ser unha prioridade” mellorar a conexión do autobús urbano co hospital Álvaro Cunqueiro desde Teis, e que o goberno municipal debe esixir Vitrasa que mellore este servizo debidamente.

Os veciños sinalan que pediron dúas xuntanzas coa Concellaría de Transporte unha o pasado ano e outro neste, “sen recibir até o de agora ningunha resposta”, para propoñer que as liña H2 e H1 sexan ampliadas até Teis e que a liña H1 funcione os sábados, domingos e festivos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.