Galicia

Redondela, primeiro concello “pequeno” en sumarse á bolsa de vivendas sociais da Xunta

redondela bas ethel

Redondela é o primeiro municipio “pequeno” e o segundo de toda Galicia en adherirse á bolsa de vivendas sociais da Xunta tras a sinatura do convenio este venres entre o alcalde da vila, Javier Bas, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez.

Este municipio foi un dos primeiros en solicitar a súa adhesión a este programa tras asinar coa Fegamp o convenio para o seu desenvolvemento. A través deste programa, os municipios ofrecen as vivendas en desuso cunha renda de aluguer dun máximo de 300 euros que virá determinada polas características da propia vivenda e polas circunstancias persoais dos inquilinos.

Estas vivendas están dobremente aseguradas pola Xunta, xa que se financia un seguro multirrisco do fogar e un seguro de garantía de cobro da renda, con asistencia e defensa xurídica, para dar seguridade aos arrendatarios.

Neste momento, 36 concellos de toda Galicia xa solicitaron formalmente a súa adhesión a este programa.

También te puede interesar