Cultura Galicia

Vigo gaña o premio do público en De Tapas por Galicia 2016

tapas

mellor  petisco  galego  de  2016  está  en  PontevedraRubén  González  e  Sergio  Orge,  representantes  desta  cidade,  alzáronse co  Premio Mellor  Cociñeiro  na Gala  Show  Cooking  De  Tapas  por  Galicia,  celebrada  este  serán  na  Cidade  da  Cultura.  A  súa  receita  ‘É  tempo  navallas  foi recoñecida por un xurado formado por profesionais do sector.

O Premio Especial do Público foi  para  Gerson  Iglesias  e  Carlos  Barreira,  de  Vigo,  cun  ‘Pepito  de  polbo  en  pan  rústico con allada texturizada’.

Os gañadores dos concursos de petiscos das sete cidades de Galicia xuntáronse para un evento  de  cociña en  directo  organizado por Turismo  de Galicia  co  obxectivo  de  potenciar  o  turismo  urbano  e  gastronómico,  aproveitando  a  puxanza  dos  cociñeiros  galegos.

No evento, presentado por Yolanda Vázquez e Quique Morales, os chefs  remataron os seus  pratos  en  directo  e  explicaron  o  seu  proceso  de  creación.

O  xurado  profesional  valorou  a  orixinalidade e o respecto polo produto da tapa e o  Premio Especial do Público foi outorgado pola votación de varios convidados á gala, elixidos ao  azar. Os gañadores en ambas as dúas categorías foron galardoados cunha estancia dunha  fin de semana nun balneario galego; e cun trofeo creado especificamente para a cita polo escultor  Luís Loureira. 

You may also like