Galicia

Nace a primeira Escola Pública de Igualdade de Galicia

escolaigualdade01

Pontevedra inaugurou este mércores a Escola Pública Provincial de Igualdade María Vinyals, o primeiro centro destas características en Galicia e un dos poucos en España, que nace coma un espazo para a formación gratuíta e de calidade en materia de igualdade pero tamén coma un lugar de encontro para todas as persoas que traballan na loita contra a violencia machista e a prol da igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Este centro pretende converterse nunha escola viva, dinámica, de encontro e de debate, de reivindicación no que as mulleres que están “a loitar cunha lacra terrible que é terrorismo, que é a loita contra a violencia machista”.

Na xornada inaugural están a participar preto de 200 mulleres que son referentes en diferentes campos, amais de persoas pertencentes á Administración local, profesionais que traballan na loita contra a violencia de xénero e a mulleres electas da provincia.

A Escola de Igualdade María Vinyals é unha aposta innovadora do novo goberno da Deputación de Pontevedra, que ten a igualdade coma un dos seus eixos principais de traballo. Dende a institución provincial creouse un servizo propio de Igualdade, inexistente ata ese momento, que está a impulsar políticas públicas en materia de igualdade. Un servizo que traballa tanto de xeito interdepartamental na propia Deputación incorporando o eixo da igualdade en todas as súas políticas, como a nivel interinstitucional traballando man a man cos concellos de Pontevedra, co resto das institucións e cos colectivos e asociacións de toda a provincia.

También te puede interesar