Vigo al minuto

Máis de 22.000 rapazas e rapaces disfrutan xa dos campamentos de verán de Vigo

ALcaldeO alcalde achegouse este martes a un dos campamentos e verán que organiza o Concello, no que os nenos e nenas participantes aprenden a reciclar co obxectivo de conciencialos sobre a importancia da protección do medio ambiente.

Caballero slientou que o Concello oferta este ano 2016 un total de 22.156 prazas, o que supón un incremento de case 7.000 que o ano pasado, medrando máis dun 30% a oferta. O alcalde asegurou que “o nivel de atención das demandas foi moi alto nesta edición por iso se ampliaron as prazas” e anunciou que, de ser preciso, volverán incrementarse en 2017.

“Abrimos campamentos en Navia, en resposta á demanda dos veciños e temos dous campamentos de inmersión lingüística en inglés”, dixo Abel Caballero quen engadiu que as familias “pagan a metade do que corresponde ás actividades” dado que as arcas municipais asumen o custo en máis do 50%.

También te puede interesar