Comarcas

Máis de 220.000 euros para melloras en O Rosal e Tui

o rosal

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar dúas novas axudas para melloras en dous concellos da provincia dentro do Plan Concellos 2016.

Por unha banda, O Rosal recibirá 160.000 euros para a restauración das cubertas de varios edificios municipais e que se suman aos máis de 426.000 euros xa percibidos por este municipio para a impermeabilización do depósito de auga potable na Buraca, a Festa do Cabaqueiro, a Festa do Viño do Rosal ou a contratación de 16 traballadores, entre outras.

Por outra banda, o concello de Tui percibirá 62.600 euros para a realización de obras no interior do pavillón da Macoca e que se suma ás axudas para a conservación das instalacións deportivas municipais, obras de mantenemento e conservación do centro municipal de remo, o mobiliario urbano para o palco da música no Cantón de Diomedes ou o financiamento de programas de servizos municipais, entre outros, e que suman máis de 555.000 euros.

También te puede interesar