Vigo al minuto

O orgullo LGTBI toma as rúas de Vigo

orgullo gay

A Semana Cultural do Orgullo LGTBI+ chega este sábado ao seu punto álxido cunha morea de actividades en Vigo. Despois dunha mesa redonda sobre a LGTBfobia na educación e dunha ruta pola senda do Barragán, en Pazos de Borbén, hoxe a Praza da Pedra acolle a feira de asociacións e actividades infantís durante todo o día, onde tamén se recollerán alimentos e portabebés para Refuciados Galicia.

Tras o concerto de Tardis Band e a sesión vermú con DJs Petard Pop, ás 18.00 horas será a quenda de Cool Funeral, que quentará motores para dar paso á manifestación do orgullo gay que sairá da Praza da Pedra ás 19.30 horas. Xa ás 21 horas, performance de Martinita y sus maromas, ás 22.00 horas actuación de Las Supremas e a partir das 23.30 horas DJ Edi.

As actividades continuarán este luns 27 co encontro de colectivos ‘Tecendo redes: os dereitos LGTBI dende a base’ ás 19.30 horas na Casa das Mulleres. O martes, festa Fin de Orgullo con sesión DJ Petard Pop ás 21.00 horas na Praza do Abanico e coa proxección de curtas Festival La Pecca ás 22.30 horas.

También te puede interesar