Comarcas

O Concello de Redondela duplica o seu compromiso coa asociación Andaina

convenio andaina

O Concello de Redondela acaba de asinar un novo convenio de colaboración coa Asociación de Pais e Nais de Persoas con Necesidades Especiais Andaina, que nos últimos anos vén desenvolvendo na localidade unha iportante labor coas súas actividades e iniciativas para mellorar a calidade de vida de colectivos que se atopan nunha situación de desprotección especial, como son os nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

A asociación dispón dun local social onde realizan actividades e programas para favorecer a vida deses nenos e nenas, como o obradoiro de Habilidades Sociais, que lles permite desenvolverse en situacións da vida cotiá e facilita a súa integración.

Coa achega do Concello a asociación sufragará parte dos gastos que implican a prestación das actividades necesarias para a mellora da calidade de vida destes nenos, polo que este ano duplicou o importe do convenio pasando do 2.000 euros do ano anterior aos 4.000 desta edición.

También te puede interesar