Cultura

Milleiros de palabras toman o Casco Vello convertidas en PoemaRia

poemariavigoCifras de vertixe: 26 poetas, 12 músicos, 3 obradoiros para nenos e nenas, un filme, unha grande artista contemporánea, un picnic, 40 bicis con poemas nas súas cestas, 7 receitas poéticas para comer, unha actriz, unha narradora, un bailarín e milleiros de palabras.

Eses son os mimbres cos que se tecerá este 24 e 25 de xuño a primeira edición do Festival de Poesía PoemaRia, que se celebrará en varios espazos do Casco Vello cun obxectivo claro: que soen forte as voces daquelas mulleres que levan tempo “facendo un traballo importante no eido da poesía e que a miúdo son invisibilizadas”.

Durante dous días haberá diferente tipo de actividades que terán como foco principal e fío conducto a poesía e a cultura. Así, o festival abrirase co recital de Ana Gorria e Miriam Reyes ás 20 h na Javier Teniente Photogallery.

O venres tamén haberá un seminario de improvisación libre con Chus Pato na Casa das Artes, o recital eléctrico de Ouveo de a proxección da película ‘Howl’ en versión orixinal con subtítulos, cerveza e palomitas.

O sábado será a quenda dos obradoiros para nenos de versos, conto e debuxo, todos mesturados con poesía e dos recitais íntimos na Escola de Artes e Oficios. Ás 13.30 celebrarase un picnic poético con saída en bicicleta da Porta do Sol ás 13.30 horas e destino a Fundación Sales.

poemaria dos

 

También te puede interesar