Vigo al día

Alexandra Fernández, candidata de @En_Marea “agora a prioridade non é cumprir co déficit senón solucionar os problemas das persoas”

Alexandra1Imágenes: viogoalminuto.com/Alexandra Fernández Gómez, viguesa de 27 anos, estudou arquitectura e está realizando o Proxecto Fin de carreira. Pertence á Asociación Cultural Bou Eva. Militante de Anova-Irmandade Nacionalista, participou no proceso constituínte da Marea de Vigo. Foi elixida, a través de primarias, para formar parte da candidatura de En Marea para as eleccións xerais de 2015, e finalmente foi cabeza de lista pola provincia de Pontevedra no comicios de decembro, posto que repite este 26 de xuño.

Vigo al Minuto.-Qué tres propostas principais ten En Marea para crear emprego?

Alexandra Fernández.- Para nós isto pasa por tres fitos: mellorar a capacidade para crear postos de traballo, apostando polos nosos sectores estratéxicos… conquerir que o emprego sexa de calidade e, por último, que aquelas persoas que están no paro non o pasen mal, que non queden atrás, que a saída da crise non sexa cun custo tan alto como o de aumentar a desigualdade…para que haxa postos de postos de traballo é preciso apostar con forza polo tecido industrial, que se está a perder cada día…que se está desmantelando…se recortan axudas a sectores de importancia esencial como o naval…no que se refire á automoción, recibe un importantísimo investimento público por un lado e, por outro, deslocalízase, vaise de Galicia…recibe unha parte dos orzamentos, dos cartos públicos, que aportamos todas e todos os cidadáns e non se lle esixe prestación algunha a cambio, e ten que haber condicionantes…un deles a creación de emprego…en Galicia temos outros sectores como o agro o mar…que son esenciais para o noso desenrolo, para fixar poboación, e aos que non se lles presta atención algunha…todo elo ten que ir acompañado polo desenrolo do segundo paso destas actividades: a transformación, con plans eficientes para potenciar a Investigación a Innovación e o Desenrolo, aumentando o valor engadido…

VAM.- …¿cómo facer que o emprego que se cree sexa de calidade?…

A.F.-…hai que derogar as reformas laborais do Partido Popular e do Partido Socialista, pedimos o aumento do Salario Mínimo…porque estamos diante da situación da existencia de traballadores pobres aos que o seu salario non lles chega para vivir…e temos que recuperar a capacidade adquisitiva…e avanzar nos dereitos laborais de todos e todas: o INEM non pode desmantelarse para que unha ETT se quede con parte do noso salario…ten que ser un canle de entrada ou de volta ao mercado laboral, ten que ser un referente en formación de calidade e útil para volver a traballar…e finalmente, unha renda social que garanta, no caso das persoas que están sen emprego, un mínimo para vivir con dignidade…a ter unha vivenda, comida…o imprescindible, ademais unha renda mínima vital tamén é un xeito de impulsar o consumo, a actividade do pequeno comercio, dos autónomos…

VAM.- …en Galicia hai dous sectores sociais que acusaron máis a crise e que seguen sendo os máis prexudicados: os maiores de 45 anos e as mulleres, ¿qué proposta fai neste senso En Marea?

A.F.-…estamos non momento de desigualdade entre homes e mulleres moi acusado, moi preocupante, moi inxusto e hai que facer políticas para atallar esta situación de desigualdade…eses dous sectores, máis o da xente nova, cunha taxa de paro que supera o 50% son os primeiros para os que teñen que estar o labor dos servizos públicos de emprego, uns verdadeiros servizos públicos de emprego, como indicaba antes…as ETTs son filtros nos que non se considera que os traballadores sexan iguais, senón que optan polas persoas que, atendendo a criterios egoístas son as óptimas para as empresas…agora xa ás grandes empresas so lles vale a xente entre 30 e 40 anos: antes dos 30 es un becario e ao chegar aos 40 xa estás amortizado…por iso é necesario un verdadeiro servizo público de emprego que desenrole políticas públicas de integración laboral…públicas, que atendan aos intereses xerais non aos de empresas privadas.

Alexandra 2

 

“É necesaria unha renda social que garanta, no caso das persoas que están sen emprego, un mínimo para vivir con dignidade”

 

 

VAM.-…falabas dunha renda social…¿qué tipo de renda? ¿encaixaría nese concepto a idea de aglutinar nunha soa axuda todas as que existen hoxe, dende a RISGA, pasando polos 426 € para parados sen prestación, as achegas para aluguer, comida, electricidade ou auga?...

A.F.-…unha parte das competencias ten que ser para cada comunidade autónoma ou para os concellos tendo en conta que en cada un hai unha realidade económica concreta e que poden considerar, ou deberían facelo, as respostas máis acaídas a esas circunstancias…non creo que deba unificarse todo a nivel do Estado, si que o Estado ten que garantir uns mínimos de supervivencia pero, ademais, temos que traballar atendendo a cada realidade…

VAM.- …¿cómo sería iso exactamente?…

A.F.- …nós, como xa se está a facer en concellos como A Coruña, Compostela, é aprobar unhas axudas que mellores a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), que é totalmente deficiente, cuns requisitos imposíbeis de cumprir para aquelas persoas en situación de emerxencia, nos prazos tarda ata catro e cinco meses en chegar…é necesaria unha resposta rápida para atallar situacións de verdadeira angueira…no caso do Concello de Vigo os mesmos funcionarios dos servizos sociais sinalan que non poden atender todos os casos que coñecen…hai que ampliar o espectro de persoas ás que lle chegan esas axudas e conectar os distintos problemas: a falla de vivenda, de alimentos a pobreza infantil, de maneira que quen estea nun caso de emerxencia non teña que percorrer varias ‘ventanillas’ para poder recibir auxilio…

VAM.- …¿cómo afrontar problemas de desafiuzamento, de pobreza enerxética, de carencias alimentarias, cal é o voso proxecto?

A.F.- …apostamos por unha progresividade fiscal, queremos que os impostos relacionados co subministro de electricidade ou de auga baixen un 10% e que asuman os esforzos as grandes empresas que, ao mesmo tempo, ven moi reducida a presión fiscal sobre os seus beneficios e os artellamentos financeiros que empregan para aumentar os mesmos…non á aceptábel que unha SICAV teña unha fiscalidade do 2% e o noso recibo da luz un 21%...baixar o IVE, aumentar o número de artigos que teñan un IVE superreducido…e, no que se refire á cuestión habitacional: faltan alternativas, non hai parque de vivenda pública social…a vivenda social que se da hoxe non abrangue a quen máis o necesita…hai que asegurar que ninguén este asen teito…ter un lugar no que vivir facilita a integración social e laboral…e apostar polas cooperativas de vivenda como noutros países europeas…aquí temos cooperativas de promotores pero non de propietarios.

VAM.- Dende que se aprobara a Lei de Dependencia centos de miles de persoas que tiñan recoñecido o dereito a unha axuda morreron sen chegar a cobrar ¿qué solución ten En Marea para que a aquelas que están nesa situación hoxe non lles pase o mesmo? ¿É posible facelo? ¿Cómo págalo?

A.F.- Agora mesmo hai que cambiar a concepción do gasto público…hai que entender que a prioridade non é cumprir co obxectivo déficit senón dar solución aos problemas das persoas..apostamos por unha expansión do gasto público e dicirlle a Unión Europea que se nos seguen exprimindo non poderemos dar solución á Sanidade, á Educación, á Integración, ao Emprego…camiñar cara a máis recortes ou privatizacións non funciona…cando se privatiza un servizo público acabamos pagando o dobre por él…aí está o caso do hospital Álvaro Cunqueiro…hai que legrar que os orzamentos axuden a recuperar a capacidade adquisitiva da xente…

 

 

 

“Propoñemos que os impostos relacionados co subministro de electricidade ou de auga baixen un 10% e unha redución do IVE, en especial nos productos de primeira necesidade”

 

 

 

VAM.-…¿pero, como págalo?…

A.F.-…hai que dicirlle á Unión Europea que os prazos, o ritmo de déficit que nos impón non se pode cumprir…a UE permitiulle a Francia incumprir ese compromiso de déficit para afrontar os bombardeos, a guerra de Siria… e mentres, nós temos que cumprilo…hai que cambiar cara a outra Europa que non defenda so os intereses das multinacionais…temos que ir a Europa con forza e conquistar a reestruturación dese compromiso…

VAM.-…¿e a curto prazo?...

A.F.-…hai que acometer unha reforma fiscal: que os que teñen máis paguen máis…rescatamos á banca: que asuma os seus compromisos…que devolva os préstamos, que se comprometa e contribúa ao estado do benestar.

También te puede interesar