Destacados Vigo al día

Veciños de Teis piden que se garanta o mantemento da Etea

etea

Elementos tan básicos como uns aseos públicos no terreo ou papeleiras. Son as peticións que representantes da Asociación Veciñal de Teis queren transmitirlles ao delegado da Xunta e ao alcalde de Vigo, cos que pediron xa unha xuntanza.

Ao encontro co delegado da Xunta, os veciños levarán como demanda a necesidade de garantir o mantemento do parque público (limpeza, espazo infantil, espazos verdes) construído pola Xunta en 2013, a colocación de baños e a cesión do parque público ao concello.

Mentre, ante o alcalde de Vigo, Abel Caballero, plantexarán a necesidade de garantir o mantemento da piscina tras o deterioro desta instalación aínda sen estrear, ademáis de que se realice a limpeza e mantemento do parque público e do paseo marítimo, construído en 2011.

Ademais, a AVV de Teis  continúa coa campaña de recollida de sinaturas na parroquia de Teis e ten convocada unha concentración o mércores 29 de xuño (20.00 horas) diante da entrada principal dos terreos da Etea.

También te puede interesar