Comarcas

Máis de 140.000 euros para melloras en cinco concellos

biblio

A Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos, vén de outorgar máis de 141.000 euros para varias actuacións de melloras nas localidades de Mondariz-Balneario, As Neves, Oia, Tui e Mondariz. O municipio que levará o marior montante será Mondariz-Balneario, con 57.000 euros, dos que case 25.000 irán destinados á do alumeado exterior da estrada provincial PO-254 e outros 33.000 á renovación do alumeado da rúa Ramón Peinador.

Pola súa banda, o concello de As Neves recibirá máis de 40.000 euros que irán destinados a unha actuación no parque infantil da Praza do Concello (25.600 euros) e a melloras en dous camiños municipais, os de Cobalagarto e Pozas (14.700 euros).

Oia recibe do Plan Concellos outros 21.000 euros para a realización dun inventario de bens rústicos e urbanos e Tui 12.000 euros destinados a subministrar de mobiliario urbano ao concello. Por último, o concello de Mondariz recibirá 11.000 euros para o amoblamento da súa biblioteca municipal.

También te puede interesar