Vigo al minuto

Camiñar cara a privatización da sanidade deixa operacións suspendidas, peche de camas, longas listas de agarda e moitas baixas laborais

xunta persoal meixoeiro

“O Meixoeiro é un símbolo do que pasa coa privatización e se somos quen de recuperalo significará tamén que fomos capaces de recuperar a sanidade pública”. Así o aseguraron este martes representantes da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo e da plataforma SOS Meixoeiro, que denunciaron as graves carencias que están a sufrir os pacientes por una paulatina “privatización” da sanidade.

Sen datos oficiais de pacientes en lista de agarda, incidencias ou peche de camas polo “secretismo” do Sergas, estes representantes apoiados por traballadores aseguraron que o número de incidentes disparouse nos últimos tempos, igual que o número de baixas laborais debido ao “insostible” ambiente de traballo, que deixa case un 40% de baixas.

Os partes de incidencias por parte do persoal son constantes, explicaron, o último o do un paciente enfermo de cancro que por segunda vez ten que marchar para casa sen ser operado por vir correctamente esterilizado o material cirúrxico.

Segundo estas plataformas, o plan funcional 2006-2009 que tiña como obxectivo dar resposta aos problemas da área sanitaria viguesa deu paso a “un novo plan” no que “abrir ao mercado o hospital Álvaro Cunqueiro como banco de probas da privatización da sanidade“.

A centralización de servizos como o de esterilización ou de laboratorios son segundo estas plataformas pequenos pasos para que sexa máis “doada” unha futura privatización.

Convidaron a todos os cidadáns a participar na manifestación que sairá este mércores 22 de xuño (20.00 h) da entrada principal do Meixoeiro para pedir a apertura de camas, da Unidade de Críticos, que cesen as derivacións a centros privados e que se leve adiante un plan de choque para acabar coas listas de agarda.

También te puede interesar