Cultura Destacados

Os colexios de Vigo transforman o feísmo en arte

sardoma02

Unha obra deseñada e pintada polos propios profesores e alumnos. O CEIP Sárdoma Moledo presentou este luns a mural co que decoraron unha das paredes exteriores do centro, co que se rende homenaxe ao escultor e canteiro Silvino Silva Novas, afincado na zona.

Os rapaces e rapazas pintaron nun dos muros exteriores en branco e azul o rostro do escultor, que ten varias obras espalladas por Vigo, como o cruceiro do Castro ou unha das fontes de Castrelos. Durante a visita do rexedor ao centro, os estudantes tamén presentaron un vídeo titulado ‘Hey, Vigo’ no que se promociona a cidade.

Esta creación artística forma parte das actividades complementarias do II Programa Municipal para arrumbar medianeiras, que está en plena fase de contratación dos artistas que xa a partir de outubro continuarán coa labor de «converter o feísmo en arte, vida e cor» pintando novos murais pola cidade.

Estas actividades pretenden dinamizar os espazos dos centros de primaria e secundaria coas composicións do alumnado, algo no que tamén están traballando o CEIP Balaídos, o CEIP Igrexa Candeán, o CEIP Emilia Pardo Bazán (Chouzo), IES A Guía, ASPANAEX e APAMP.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.