Galicia

Falece unha persoa nun accidente de tractor en Mazaricos

112

Unha persoa faleceu esta noite nun accidente de tractor rexistrado no concello de Mazaricos sobre as 23.15 horas. A vítima perdeu a vida logo de envorcar coa máquina agrícola.

O 112 recibiu o primeiro aviso do accidente por parte dos efectivos de Urxencias Médicas e por parte dun particular, que explicou que os feitos tiveran lugar nun camiño de terra da aldea de Gosolfre, na parroquia de Chacín.

O persoal do 112 Galicia alertou decontado ao GES de Muros, a Protección Civil, á Garda Civil e á Garda Civil de Tráfico.

También te puede interesar