RGPD - Cookies
Galicia

Dous feridos ao caer co coche por un barranco en Bueu

ambulancia061-300x2251

Unha saída de vía no concello de Bueu sobre as 16.40 horas de esta tarde deixou dúas persoas feridas tras caer o vehículo no que circulaban por un barranco. Aconteceu na estrada que une Beluso con Aldán, á altura da coñecida como curva de Campelo.

O 112 Galicia recibiu o aviso a través dos efectivos de Urxencias Médicas e alertou decontado aos Bombeiros do Morrazo, que se desprazaron ata o punto. Os feitos tamén foron postos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico.

Os servizos sanitarios trasladaron ás dúas persoas a un centro sanitario.

También te puede interesar