Vigo al minuto

Centos de persoas maniféstanse en Vigo contra a política de migración europea

manifa refuxiados01

Centos de persoas percorreron as rúas de Vigo este domingo para pedir un cambio nas políticas migratorias da Unión Europea en plena crise dos refuxiados, cunha aprobación de solicitudes de asilo mínimo.

manifa refuxiados02Coa presenza de representantes do Bloque Nacionalista Galego como Ana Miranda, Ana Pontón, Carme Adán o Serafín Otero, a manifestación saía case ao mediodía da Dobrada para percorrer Urzáiz ata chegar ao Marco, onde se procedeu á lectura  do manifesto.

Trátase dunha das mobilizacións convocadas en distintas localidades galegas pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas para denunciar “a política migratoria criminal da Unión Europea”.

Baixo o lema ‘Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras’, con esta marcha en apoio aos refuxiados preténdese chamar a atención sobre as causas da crise humanitaria que se está vivindo nos últimos meses.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.