Comarcas

O ilustrador coruñés Carlos Arrojo gaña o concurso de carteis Quin Alborés

carteles-quin-alboresO ilustrador coruñés Carlos Arrojo e o seu ‘Gramófono’ foi o gañador do concurso de carteis Quin Alborés, certame que convoca o concello de Nigrán para elixir imaxe para a décima edición do festival Nigrán Jazz.

Segundo o xurado o traballo, premiado con 500 euros, destacou polo seu impacable traballo de maquetación e ilustración e o seu gran «detallismo». Arrojo, un dos ilustradores máis recoñecidos do panorama galego, xa foi o gañador do certame na edición de 2012.

Arrojo conta cunha gran traxectoria como ilustrador, tendo traballado para infinidade de editoriais e marcas como Perrier, Casino Gran Madrid, Estrella Galicia… e organismos como o Pazo da Cultura de Pontevedra, o Concello de A Coruña ou a Cidade da Cultura de Galicia. Ademais, conta cun gran palmarés de premios ente os que destaca o Injuve en 2011 ou o Ilustramaxina en 2015.

O certame destacou este ano polo récord de participación con 51 traballos presentados e polo seu gran nivel, o que dificultou moito a elección do gañador. Este concurso rende homenaxe dende 2010 ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e impulsor do festival dende o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.